Hai uns días estaba a charlar cunha persoa acerca de todas aquelas cuestións que lle preocupaban sobre o futuro; falaba do seu temor para quedar sen emprego, a non poder gozar das próximas vacacións, sobre a posibilidade de enfrontarse a unha enfermidade soa, sobre o posible fracaso do seu próximo proxecto, …

Chanceabamos acerca de todos estes “e ses” que lle acompañaban e concluïamos que lle xeraban un importante malestar e estaban directamente relacionados con moitas das dificultades das que me falaba.

Moitos de nós compartimos pensamentos dese tipo, e en ocasións poden resultar eficaces para tratar de prever dificultades e encamiñar as nosas accións para atallar as posibles consecuencias negativas.

Agora ben, habemos de ser conscientes que a inmensa maioría desas preocupacións non ocorrerán xamais. De feito, hai estudos que indican que o 90 % desas preocupacións que nos aflixen non sucederán.

De feito, se calquera de nós fixese unha listaxe, agora mesmo, de todas estas preocupacións que nos inquietan e revisásemolas dentro dun ano, comprobariamos que menos do 10 % sucederían.

Estes “e ses” actúan como pequenos terroristas na mente das persoas, e xeran moito dano. Non se dedican a cortar cabezas, nin visten ás súas vítimas de cor laranxa, pero a súa influencia no día a día pode chegar a resultar certamente incapacitante.