CURRICULUM

Licenciado en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela en 2000.
Experto en Programas de Intervención Familiar (Universidade da Coruña – Campus de Ferrol) en 2001.
Terapeuta Familiar acreditado pola Federación Española de Asociacións de Terapia Familiar en 2004.
Máster en Terapia Breve Estratéxica (Centro di Terapia Strategica di Arezzo) en 2010.
Advanced Solution-Focused Practitioner (Internacional Alliance of Solution-Focused Teaching Institutes) en 2013.
Traballei como psicólogo en organizacións públicas e privadas desde 2000.
Entre 2004 e 2021 desempeñei funcións de coordinador do Programa de Atención Familiar dos Servizos Sociais do Concello de Pontevedra (xestionado pola Fundación Meniños).
Entre 2004 e 2021 asumín a dirección de Proceso Psicoloxía.
Desde 2010 ata 2018 traballei como psicólogo nos centros Vithas de Pontevedra, Marín, Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis e A Estrada.
Desde 2020 son o presidente da Asociación de Terapia Familiar e Mediación de Galicia.
En 2022 arranco un novo proxecto. Roberto Antón psicólogo.

HOBBIES

Un dos meus hobbies principais é o meu traballo, poucas cousas fanme desfrutar tanto como acompañar ás persoas nos seus procesos de cambio. Tamén desfruto dunha boa lectura (“Esperando a mr. Boyangles”, calquera triloxía de Posteguillo ou a inmensa autobiografía de Karl Ove Knausguard) ou de algo de tempo para escribir e, se é posible, publicar (poucas cousas fixéronme tan feliz como asinar na Feira do Libro de Madrid).

Unha boa andaina (ruta da Pedra e da auga a Armenteira ou calquera das que rodea a península do Grove), ver un bo partido de baloncesto ou un duelo do Seis Nacións (ou calquera partido de Rugby) tamén faime desfrutar. Case tanto como unha boa película de cine clásico. Se é dirixida por Max Ophuls ou protagonizada por Katherine Hepburn resúltame imposible perdela. E coma non, desfrutar da miña familia, da miña muller e dos meus fillos.

Pero ademáis encántame …Correr: Nos últimos anos participei en ducias de carreiras populares, e logrei finalizar 6 maratóns (A Coruña en tres ocasións, Vigo-Baiona, Barcelona e Valencia). Saio a correr entre tres e seis días por semana ás 7:00 AM e iso axúdame a cargar enerxías.

Desfruto moito percorrendo as múltiples rutas polas Rías Baixas a bordo do meu Kaiak, e aproveito estes percorridos para ir pescando, e sobre todo, desfrutar do mar.

Adestrar a categorías inferiores de rugby é outra das miñas paixóns. Encantoume compartir cos rapaces a experiencia de competir, os valores e moitos bos momentos de compañeirismo e rivalidade. Incluso fomos a Irlanda a competir nun dos mellores lugares do mundo para desfrutar deste deporte.

PRENSA