A todos asáltannos dúbidas cando facemos algo por primeira vez. Á hora de acudir a un psicólogo as máis comúns son: Canto dura? Ten que ser presencial? Quen debemos acudir? De que se fala? É confidencial? Canto costa? Funciona? No vídeo trato de responderche brevemente a todas as dúbidas que poidan xurdirche antes de iniciar unha terapia.