neurofeedback en pontevedra cidade

Adestra o teu cerebro. Vive mellor.

O Neurofeedback axúdate a regular a túa actividade cerebral para mellorar o teu benestar, o teu rendemento e a túa calidade de vida. Trátase dunha ferramenta terapéutica innovadora que permite un proceso gradual de aprendizaxe. Somos o único centro en Pontevedra Cidade que dispón de Neurofeedback.

que é o neurofeedback

O teu cerebro aprende a regularse

O Neurofeedback é unha técnica baseada na neurociencia que rexistra a túa actividade cerebral en tempo real mediante un electroencefalograma (EEG) e ofréceche un feedback visual ou auditivo.

A partir desa información, o teu cerebro aprende a funcionar dunha maneira máis estable, eficiente e adaptable.

Sinxelo

Elixes un contido audiovisual dun amplo catálogo (series, vídeos, películas ,..). Só tes que sentarte e gozar relaxadamente.

Rexistro

Uns eléctrodos miden a túa actividade cerebral mentres gozas deses contidos.

Aprendizaxe

O profesional adestra ao teu cerebro para manterse nunha actividade cerebral óptima para ti.

Resultados

Ao manterche nesa frecuencia óptima, mellora o teu benestar, rendemento e calidade de vida

usar neurofeedback

Pode axudarme a min?

O Neurofeedback pode ser aplicado para a resolución ou mellora de múltiples dificultades nas que o cerebro e o sistema nervioso central están involucrados. Destaca pola súa efectividade en problemas aos que nos enfrontamos habitualmente

Ansiedade e estrés

Favorece unha mellor regulación e diminúe a hiperactivación.

Sono

Modifica patróns relacionados coas dificultades para conciliar ou manter o soño

Atención e concentración

Axuda a mellorar a capacidade para manter o foco e regular a atención en dificultades como o Trastorno de déficit de Atención.

Transtorno do Espectro Autista

Favorece a autorregulación, a atención, a flexibilidade e o benestar.

Migrañas e acúfenos

Adestra mecanismos relacionados coa regulación do sistema nervioso.

Rendemento académico

Fomenta a concentración, regulación e optimización do rendemento para superar probas (PAU, oposicións, …)

Rendemento profesional

Mellora o rendemento profesional ou deportivo optimizando a atención, activación e autorregulación.

Pensamientos Rumiatorios

Adestra a autorregulación e a flexibilidade atencional ante obsesións, pensamentos repetitivos, intrusivos ou difíciles de deixar pasar.

como traballo

Un proceso adaptado a ti

01

Avaliación inicial

Analizo a túa situación, os teus obxectivos e se o Neurofeedback pode ser útil para ti.

02

Plan de Adestramento

Deseñamos un plan personalizado segundo as túas necesidades

03

Seguimento e axuste

Revisamos a túa evolución e adaptamos o teu adestramento para obter os mellores resultados.idades

ASÍ É UNHA SESIÓN

Tecnoloxía ao servizo do teu benestar

Colócanse uns pequenos sensores no coiro cabeludo que rexistran a túa actividade cerebral. Mentres ves unha película, un videoxogo ou un estímulo visual ou auditivo, o sistema detecta a túa actividade en tempo real e ofréceche un feedback. Así o teu cerebro aprende, de forma progresiva a autoregularse.

neurociencia

Sacar vantaxe do coñecemento do cerebro no noso día a día

A neurociencia é a ciencia que estuda o sistema nervioso en xeral e onde o órgano principal é o cerebro. A neurocientífica, Ana Ibañez, fálanos de como sacar vantaxe do coñecemento sobre o cerebro que temos agora para mellorar as nosas vidas. O adestramento cerebral é algo transversal: nenos, adultos, profesional, persoal…

preguntas frecuentes

Resolvemosas túas dúbidas

É normal ter preguntas antes de empezar. Aquí tes resposta ás máis habituais. E se tes algunha outra, estarei encantado de falar contigo.

O Neurofeedback pode ser aplicado para a resolución ou mellora de múltiples dificultades nas que o cerebro e o sistema nervioso central están involucrados. Destaca pola súa efectividade en problemas como: Ansiedade, Hemicrania, Trastornos de soño, Depresión, Trastorno obsesivo compulsivo (TOC), Trastorno espectro autista (TEA) ou Trastorno por Déficit de Atención (TDA) .

Ofrece tamén resultados positivos para a optimización do rendemento académico (persoas que están a preparar oposicións, en último curso de bacharelato ou na facultade, …), optimización de rendemento laboral (persoas que se atopan en situacións de tensión frecuente) e optimización de rendemento deportivo.

Non existe un número de sesións igual para todas as persoas. Depende dos obxectivos, do punto de partida e da evolución durante o adestramento. Tras unha valoración inicial podemos expor un plan orientativo e revisalo a medida que avanza o proceso.

O Neurofeedback implica aprendizaxe e cada persoa é única, de modo os resultados difiren dunha persoa a outra. Polo xeral, cuanto máis tempo e máis arraigados sexan os síntomas, máis sesións requírense para alcanzar o obxectivo. En todo caso, desde as primeiras sesións aprécianse cambios e mellorías na maior parte dos pacientes que traballan con esta terapia.

O Neurofeedback non é invasivo e é moi seguro. Da mesma maneira que os músculos se fortalecen despois do exercicio, o Neurofeedback fortalece as vías neuronais con protocolos especificamente adaptados para cada caso. É simple e fundamentalmente unha técnica de aprendizaxe para o noso cerebro.

A mellor forma de sabelo é realizar unha valoración inicial. Podemos revisar a túa situación, os teus obxectivos e as túas dúbidas para determinar se o Neurofeedback ten sentido dentro do teu caso concreto.

dá o primeiro paso

Gustaríache saber se o Neurofeedback pode encaixar no teu caso?