NEUROFEEDBACK : QUE É E QUE PODE TRATAR?

O Neurofeedback é unha ferramenta terapéutica que permite aos pacientes desenvolver un proceso gradual de aprendizaxe que aproveita a capacidade do cerebro de autorregularse e buscar equilibrio, permitindo que aumente o rendemento das súas funcións. Baséase no rexistro e análise da actividade cerebral para poder modificar ou activar as estruturas que o requiran e así mellorar as conexións entre as diferentes áreas do cerebro, favorecendo o desenvolvemento intelectual, o control emocional e estabilidade fisiolóxica do paciente.

Na miña consulta ofrezo unha ampla variedade de programas de adestramento da actividade cerebral a través da tecnoloxía máis avanzada, en sistemas de amplificación de ondas, utilizando xogos de última xeración.

O Neurofeedback pode ser aplicado para a resolución ou mellora de múltiples dificultades nas que o cerebro e o sistema nervioso central están involucrados. Destaca pola súa efectividade en problemas como: Ansiedade, Hemicrania, TDAH, Dependencia a substancias (Alcol, drogas, …), Trastornos de soño, Depresión, Trastornos de conduta, Trastorno obsesivo compulsivo (TOC), Trastorno espectro autista (TEA).

Ofrece tamén resultados positivos para a optimización do rendemento académico (persoas que están a preparar oposicións, en último curso de bacharelato ou na facultade, …), optimización de rendemento laboral (persoas que se atopan en situacións de tensión frecuente) e optimización de rendemento deportivo.

AVALÍO

Avalío o teu caso en concreto mediante unha entrevista na que temos en conta antecedentes, tratamentos, estado emocional, cognitivo, síntomas, etc.

EXPLORO

Realizo unha exploración do teu cerebro mediante un mapa cerebral para poder coñecer, desta forma, como actúan de forma concretra as túas ondas cerebrais.

TRATO

Cos resultados obtidos tras a exploración e avaliación, deséñase un programa individualizado e especifico para tratar de obter o maior éxito posible.

Sesión de Neurofeedback

As sesións son agradables, cunha duración duns 60 minutos. O paciente reclínase comodamente nun sofá mirando a unha pantalla onde pode elixir unha película, un documental... Colócanse os sensores na cabeza e recóllese a información mediante un software informático que converte as ondas do cerebro en información visual ou auditiva, e así analizar o patrón de ondas cerebrais en tempo real.

Eficacia do Neurofeedback

O Neurofeedback é eficaz nunha ampla porcentaxe dos casos. Unha ampla maioría das persoas responde o adestramento e os resultados conseguidos co tratamento prolónganse no tempo de forma duradeira. Do mesmo xeito que calquera outro tipo de terapia, o neurofeedback funciona mellor e alcanza maiores taxas de éxito con aquelas persoas que se atopan motivadas.

¿Cantas sesións necesito?

O Neurofeedback implica aprendizaxe e cada persoa é única, de modo os resultados difiren dunha persoa a outra. Polo xeral, cuanto máis tempo e máis arraigados sexan os síntomas, máis sesións requírense para alcanzar o obxectivo. En todo caso, desde as primeiras sesións aprécianse cambios e mellorías na maior parte dos pacientes que traballan con esta terapia.

EFICACIA 85%
SEGURIDADE 100%
RELAXANTE 100%

¿É unha técnica segura?

O Neurofeedback non é invasivo e é moi seguro. Da mesma maneira que os músculos se fortalecen despois do exercicio, o Neurofeedback fortalece as vías neuronais con protocolos especificamente adaptados para cada caso. É simple e fundamentalmente unha técnica de aprendizaxe para o noso cerebro.

¿Ten efectos secundarios?

Non se coñecen casos de efectos secundarios a longo prazo por Neurofeedback. Cando se presentan, estes son temporais e adoitan desaparecer en pouco tempo ou mediante o axuste dos parámetros de adestramento. O Neurofeedback consiste esencialmente en exercicios estruturados para o seu cerebro, non nunha medicación.

¿Canto duran os beneficios?

Unha vez que o cerebro aprende a autorregularse e consolida esta habilidade, xa non a esquece. Desta forma os beneficios mantéñense no tempo. Hai algunhas circunstancias excepcionais que poderían provocar que os beneficios se desvanezan, por exemplo, tensións pola morte dun ser querido.